O “hub” de innovación dixital DATAlife buscará que Galicia sexa una biorrexión de referencia

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, reuniuse co “hub” de innovación dixital DATAlife co obxectivo de avanzar no desenvolvemento desta iniciativa centrada nos sectores primario, biotecnolóxico e da saúde.

O obxectivo desta iniciativa é facer de Galicia unha biorrexión de referencia en Europa, explicou a Consellería de Economía. Conta con dezaseis socios: Anfaco-Cecopesca, Bioga, Cesga, Cetim, Clúster de Acuicultura, Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, Clúster Saúde de Galicia, Clúster TIC, EnergyLab, Feuga, Finsa, Gradiant, Televés, Zendal e as Universidades de Santiago e de Vigo.

Así, traballa por facilitar a incorporación de tecnoloxías ás pemes relacionadas coa intelixencia artificial, big data, internet das cousas, computación de altas prestacións e ciberseguridade. Os “hubs” de innovación dixital son un instrumento de colaboración público-privada “fundamental para artellar a I+D+i”.

Fonte: El Ideal Gallego