O Hall da Innovación e a libre participación, principais novidades dos Premios Expobioenergía 2012

Os Premios á Innovación Tecnolóxica organizados por sétimo ano consecutivo por Expobioenergía renóvanse e actualizan. Como principal novidade a convocatoria ábrese a todos aqueles interesados en participar e que achegasen innovacións tecnolóxicas no campo da bioenerxía.

n
n

nOs organizadores buscan así incrementar a participación dando cabida a todos os proxectos, produtos e servizos innovadores, independentemente de que os promotores destes sexan ou non expositores ou colaboradores do evento, aumentando así o compoñente tecnolóxico e especializado do certame.
n
nPor outro lado, as candidaturas contarán cun espazo propio na feira. Os organizadores van habilitar unha zona de divulgación, aberta de forma permanente durante a celebración da feira e de libre acceso aos visitantes, onde se exporá unha selección dos proxectos, produtos ou servizos que concorran ao Premio. Con este novo espazo, que recibirá o nome de Hall da Innovación, trátase de favorecer a aparición dun novo punto de encontro para os profesionais, ao mesmo tempo que ofrece unha nova plataforma para expoñer e difundir as últimas innovacións sobre as numerosas vantaxes das aplicacións da bioenerxía para profesionais e consumidores.
n
nAsí mesmo, á marxe do carácter tecnolóxico e do grao de innovación, as candidaturas tamén serán sometidas a criterios de orixinalidade, aplicabilidade e aforro enerxético, para determinar a opción gañadora.
n
nAs Bases dos Premios así como a Solicitude de Participación xa están dispoñibles en www.expobioenergia.com. Os interesados poden contactar con info@expobioenergia.com ou chamar ao 975 239 670. O prazo para a presentación de candidaturas conclúe o 28 de setembro.
n
nUn premio e dous accesits
n
nOs premios convocados anualmente por Expobioenergía transfórmanse en 2012. Nesta edición desaparecen as 4 categorías nas que se dividían os galardóns, de tal forma que todas as candidaturas competirán por un único premio de 3.000€ e dous accésits sen dotación económica.
n
nPor outro lado, aínda que dentro tamén das actividades paralelas, Expobioenergía 2012 reedita os xa habituais escenarios de promoción e difusión para expositores e aliados. A Sala de Presentacións Técnicas, nesta edición Sala Bronpi, posto que adopta o nome do fabricante español que patrocina o espazo, estará a disposición dos expositores interesados en explicar, durante media hora, os seus proxectos e novidades. O acceso á sala é gratuíto e o uso desta en calidade de relatores está restrinxido aos expositores da mostra.
n
nDa mesma maneira, os organizadores facilitarán salas para albergar as sesións técnicas nas que se enmarcan as reunións, asembleas e presentacións de proxectos por parte dos aliados de Expobioenergía. Tamén están confirmadas varias xornadas técnicas por parte de mediapartners e doutros organismos e entidades interesados en aproveitar o marco profesional que ofrece a feira para convocar xornadas específicas e monográficas sobre bioenerxía.
n
n(Fonte: Energética XXI)

n