O grupo galego Hispamoldes fabricará compoñentes en Marrocos para Renault

O grupo Hispamoldes, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense), e a multinacional vasca CIE automotive selaron un acordo polo que constitúen unha sociedade conxunta (joint-venture) que se instalará na zona franca de Tánger (Marrocos) para producir compoñentes para o novo modelo low-cost que Renault empezará a fabricar en 2012.

n
n

 

n

Os presidentes de Hispamoldes e CIE, Mario Da Costa e Antón Pradera, asinaron o convenio para o primeiro proxecto que prevé un investimento inicial de 1,1 millóns e que consistirá no desenvolvemento dunha planta de fabricación de pezas de plástico polo sistema de inxección.

n

 

n

Da Costa anunciou que a nova sociedade confía en que esta planta estea en condicións de produción a principios de outubro e que conte cun equipo de 50 traballadores a final de ano que podería ampliarse a 80 ao longo de 2012, cando a joint-venture empece a traballar para o grupo de Renault.

n

 

n

A nova alianza empresarial promove un segundo proxecto para o sector emerxente da automoción en Marrocos que consiste no desenvolvemento dunha planta de fabricación de moldes de inxección e mantemento destes. Mario Da Costa explicou que Renault, xa implantada no Norte de África, carece deste servizo que a nova sociedade implantará cun calendario de traballo permanente de sete días semanais: "A planta funcionará sábados e domingos como un corpo de emerxencias ou de sanidade, por iso necesitaremos un equipo longo". Esta segunda iniciativa está actualmente en fase de análise e definición, con previsión de poñerse en marcha a finais de 2011, xusto antes de que Renault inicie a fabricación do novo modelo de baixo custo.

n

 

n

Antón Pradera defendeu a implantación internacional cunha connotación positiva para o termo deslocalización: "A obriga social das empresas é implantarse no mercado exterior. Seremos máis fortes cantas máis plantas teñamos no mundo". Tamén o presidente de Hispamoldes sostén que "o futuro está na exportación". A sociedade prevé facturar entre 25 e 30 millóns de euros nos próximos anos.

n

 

n

Un ano catastrófico

n

 

n

O grupo Hispamoldes, fundado en 1984, dedícase á fabricación de moldes de inxección para o sector da automoción a través das empresas Hispamoldes, Hispaplasti e Plásticos de Palencia, implantadas na Tecnópole e parque empresarial de Pereiro de Aguiar. Conta cun equipo de 300 traballadores e unha facturación de 38 millóns de euros en 2007.

n

 

n

A crise económica provocou unha brusca caída nas cifras de negocio deste grupo que exporta o 65% da súa produción a Irán, México e Francia, cun 2009 "catastrófico", en palabras do presidente Mario Da Costa. As previsións son de mellora progresiva e espera chegar aos 32 millóns en 2011.

n

 

n

(Fonte: Faro de Vigo)

n