O investigador do Georgia Institute of Technology James D. Meindl rebaixou as esperanzas de moitos baseadas no emprego do grafeno a curto prazo. Segundo o experto, ata que non se alcancen niveis de produción moi avanzados non será viable a substitución do silicio por este material nos procesadores e outros microcompoñentes, onde implicaría melloras considerables.
n
n
nO grafeno é un prezado material cuxa aplicación a grande escala é moi esperada polos fabricantes de microcompoñentes. Debido ás súas características de gran condutor térmico e eléctrico, resistente e elástico, representaría un salto cara adiante na produción dos dispositivos que se fabrican actualmente.
n
nHai que ter en conta que un smartphone de agora é máis potente do que era un ordenador de tan só uns anos atrás. A tendencia é ir aumentando cada vez máis a potencia dos dispositivos pero sen que o seu tamaño aumente, é máis, nalgunhas ocasións reducíndoo. O grafeno facilitará todo isto, ao aumentar a velocidade de condución.
n
nAta os 7 nanómetros
n
nNon obstante, James D. Meindl, do Georgia Institute of Technology, indicou que non vai próximo o emprego do grafeno como substituto do silicio, o material que se utiliza actualmente nos microcompoñentes.
n
nMeindl cre que o grafeno non se poderá utilizar a grande escala ata que o proceso de produción alcance a marca de 7 nanómetros. Este indicador, canto máis baixo sexa significa que o compoñente fabricado nesas condicións admite unha maior velocidade, ten un menor consumo e custa menos. Hoxe en día, a produción estase a realizar a niveis de 22 nm.
n
nO experto asegura que aínda quedan varios anos ata que poidamos alcanzar uns niveis de produción do grafeno a grande escala. Calcula que a data podería ser 2024, cando se chegaría a esta marca, que permita substituír ao silicio como principal material nos circuítos dos dispositivos informáticos e electrónicos, dando un grande salto cara a diante.
n
n(Fonte: ABC)