O Goberno prorroga a vixencia do VI Plan Nacional de I+D+i (2008-2011)

O Consello de Ministros aprobou un acordo polo que se prorroga o VI Plan Nacional Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, durante o período 2008-2011, mentres non se aprobe o futuro Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica. O actual plan seguirá en vigor, como mínimo, ata 2012.

n
n

 

n

Debido a que se prevé moi difícil aprobar o novo Plan Estatal antes do 31 de decembro de 2011, a vixencia do actual Plan Nacional foi necesaria prorrogala para dar cobertura legal á programación de investigación científica e técnica e imprimir confianza ao sistema español de investigación.

n

 

n

O proceso para poder aprobar o Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica pasa por que entre en vigor a nova Lei da Ciencia, para o que haberá que esperar ata o 3 de decembro de 2011. A partir deste momento o Goberno deberá aprobar a Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía. Unha vez esta Estratexia estea vixente poderase aprobar o futuro Plan Estatal.

n

 

n

A súa función será establecer os obxectivos, as prioridades e a programación das políticas a desenvolver pola Administración Xeral do Estado no marco da Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía.

n

 

n

A nova Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, publicada no Boletín Oficial do Estado o 2 de xuño, establece dous instrumentos para o fomento da investigación científica e técnica: a Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía e o novo Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica.

n

 

n

Por outro lado, a Lei xeral de subvencións prevé, con carácter previo ao establecemento de subvencións, a concreción nun plan estratéxico de subvencións dos obxectivos e efectos que se pretenden coa súa aplicación e o prazo necesario para a súa consecución, entre outros aspectos. Neste sentido, a nova Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación sinala que o Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica terá a consideración de plan estratéxico de subvencións.

n

 

n

(Fonte: Consello de Ministros)