Os obxectivos de ambos os dous portais son fomentar e acelerar os procesos da I+D+i, para aumentar a produtividade, a produción, o valor engadido e o emprego nos sectores agroalimentario e forestal, que representan o 9% do PIB nacional e xeran 2,3 millóns de postos de traballo.
O Programa Nacional de Innovación e Investigación Agroalimentaria e Forestal consta de dous elementos. Por un lado, un documento estratéxico que realiza un diagnóstico da I+D+i nos sectores antes citados, unha caracterización e unha análise das principais necesidades e oportunidades nesta materia; e, en segundo lugar, o portal web de investigación e innovación agroalimentaria e forestal www.idia-a.es, que facilita a busca de solucións innovadoras aos actores das cadeas agroalimentaria e forestal, para resolver os seus problemas ou aproveitar as súas oportunidades.
Paralelamente, dende o Ministerio de Economía e Competitividade, e máis concretamente, dende a secretaría de Estado de Investigación, puxo en marcha www.agripa.org. Trátase dun portal cuxo obxectivo é acoller os diferentes axentes que desenvolven o seu traballo nestes ámbitos, como investigadores e grupos de investigación, universidades, centros tecnolóxicos e centros de privados de investigación.
O fin que persegue o portal é configurarse como unha rede social profesional, que por medio da utilización das ferramentas axeitadas que ofrece, se poida xestionar o coñecemento científico, difundindo as actividades levadas a cabo e xerando novas formas de interacción, tanto entre os investigadores como entre científicos e empresas dos sectores agroalimentario e forestal.
(Fonte: Innovamás)