O Goberno central concederá 2,4 millóns de euros a entidades galegas para financiar 27 proxectos de I+D+i no marco dunha convocatoria do Ministerio de Ciencia e Innovación. Así o informou o delegado do Goberno, José Miñones, quen explicou que as axudas teñen por obxecto «avaliar, adaptar e mellorar ideas innovadoras antes da súa saída ao mercado, fomentando e acelerando a transferencia de coñecementos e resultados xerados en proxectos de investigación».
A maior parte dos proxectos pertencen ás tres universidades públicas galegas, pero tamén son beneficiarias a Axencia Galega de Calidade Alimentaria, o Centro Superior de Investigacións Científicas, a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago e a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.
Os 27 proxectos foron seleccionados en réxime de concorrencia competitiva e sufragarase o 40% dos proxectos, sendo a contía media de 88.950 euros por proxecto.
Fonte: Diario de Pontevedra