O Consello de Ministros aprobou a firma do convenio entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Empresa Nacional de Innovación, ENISA, que permitirá a implementación en 2011 dunha liña de financiamento para o desenvolvemento de proxectos de pequenas e medianas empresas (PEMES) de base tecnolóxica (liña EBT).
n
n
n
A liña está dotada con 20 millóns de euros, o que supón un aumento do 44% con respecto aos fondos que se destinaron en 2010.
n
n
Os empréstitos oscilarán entre 100.000 euros e 1,5 millóns de euros. O tipo de interese dos empréstitos outorgados por ENISA constará de dous tramos, un primeiro tramo a EURIBOR a un ano máis 0,75 puntos porcentuais, e un segundo tramo en función da rendibilidade da empresa. En ningún caso o tipo resultante da suma de ambos os dous tramos superará o 6%.
n
n
(Fonte: Consello de Ministros)
n
n