n
n
O Goberno "dará un mellor trato fiscal e cotas distintas da Seguridade Social" aos emprendedores innovadores mediante a creación dun Estatuto Novo Empresa Innovadora, á vez que aumentará a "compra pública" de tecnoloxía innovadora, potenciará a presenza do capital risco ou buscará fórmulas para promover tarefas de mecenado.
n
n
n
n
n
n
O anuncio avanzouno a secretaria de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Carmen Vela, con motivo da inauguración do primeiro Foro Europeo para a Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación (Transfire), celebrado en Málaga.
n
n
Vela non quixo desaproveitar a ocasión para dar a coñecer as liñas do goberno para impulsar a innovación e anunciou que se vai desenvolver a Lei de Ciencia e que se vai levar a cabo unha estratexia española de innovación que "irá en liña" coa europea.
n
n
"Non temos outra opción. A ciencia vai ter un impacto enorme de rendibilidade social e hai que convencer a xente de que o I+D+i é un investimento", subliñou Vela, quen reclamou ao binomio empresa-universidade que "traballen xuntos e melloren a eficacia dun sistema no que non se pode perder nin un minuto". Neste sentido, a secretaria de Estado defendeu que haxa unha "bidireccionalidade" da transferencia de coñecementos tanto dende universidades a empresas como ao revés " porque iso faranos máis fortes". Tamén esixiu que haxa máis transferencia entre sectores "porque a innovación non só debe estar nas empresas tecnolóxicas", e que esta sexa interrexional "para evitar duplicidades".
n
n
A Transfire acudiron representantes de 180 empresas, 36 universidades, 360 grupos de investigación e unha trintena de parques tecnolóxicos. Quérese poñer en contacto a uns con outros de forma que se poidan sacar colaboracións futuras que permitan impulsar a innovación. "Dicíase que as universidades eran gaiolas douradas que non se preocupaban pola transferencia de coñecemento, pero iso xa foi superado coa creación das Oficinas de Transferencia (Otri) e co impulso de empresas de base tecnolóxica", explicou José Manuel Roldán, presidente da Comisión Sectorial de I+D da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas.
n
n
¿Que reverte máis na sociedade? ¿Apoiar a innovación en grandes empresas que movan miles de empregos ou nas pemes para crear unha rede sólida e duradeira? Sen dúbida ningunha é necesario investir en ambas as dúas direccións. O presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Emilio Lora-Tamayo, explicou que "é necesario crear un ámbito que canalice o esforzo" e recordou que a entidade que preside ten contabilizadas unhas 400 invencións o que favoreceu a creación de 60 empresas de base tecnolóxica nos últimos dez anos cunha facturación media anual de tres a cinco millóns de euros. Non obstante, Lora-Tamayo recoñeceu que España está no posto 124 en patentes internacionais.
n
n
(Fonte: Innovaspain)
n
n
n
n