O Goberno ten aberta a segunda convocatoria do programa Kit Dixital para o tramo de empresas de entre 3 e 9 traballadores con axudas de 6000 euros. Esta segunda rama ten asignado un montante total de 500 millóns de euros, o mesmo que a primeira. Segundo apuntan desde Red.es, a entidade encargada de xestionar estas convocatorias, esta proposta ten por finalidade a mellora da competitividade e do nivel de madurez dixital de empresas pertencentes a este segmento.
Desde Red.es precisan que o catálogo de axentes digitalizadores está composto por máis de 8700, aínda que sinalan que o prazo de adhesión continuará aberto durante toda a duración do programa, polo que se irá ampliando segundo se vaian resolvendo as solicitudes.
A finais de outubro anunciaranse os prazos para o seguinte tramo, relativo a empresas de menos de 3 traballadores, que está previsto que se lance antes de que remate o ano.
Fonte: El Español