O gasto en Investigación e Desenvolvemento (I+D) reduciuse en España o 4,1 por cento en 2011 respecto ao ano anterior, segundo o avance provisional da estatística sobre actividades en I+D facilitado polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
n
n
nSegundo o INE, o investimneto en I+D contraeuse despois de que o gasto empresarial se reducise o 5,4% e o público (administración pública e ensino superior) o 3,3%.
n
nO número de persoas dedicado a actividades de I+D a xornada completa baixou o 4,1% no sector privado e o 2,9% na administración pública e o ensino superior.
n
nOs datos incluídos neste avance realizáronse considerando as 213 empresas con maior gasto en I+D en 2010. Estas empresas representaron o 40,8% do investimento empresarial en I+D dese ano.
n
nO INE tamén tivo en conta a información recollida ata a data da administración pública e o ensino superior.
n
nOs resultados definitivos do gasto en I+D publicaranse o próximo novembro.
n
n(Fonte: EFE)