n
n
n
A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) participa como entidade promotora en Transfiere, o primeiro Foro Europeo para a Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, que se celebrará o 8 e o 9 de febreiro de 2012 no Pazo de Feiras e Congresos de Málaga (Fycma).
n
n
n
n
O evento ten como obxectivo crear un espazo único en España para a transferencia do coñecemento e unir nun mesmo espazo os principais referentes do ámbito científico e do sector empresarial. APTE estará presente neste encontro no que as universidades e os centros públicos e privados de investigación transmitirán os seus avances científicos a toda a sociedade e, concretamente, ás empresas e aos axentes produtores do sector I+D+i presentes, que poderán convertelas en oportunidades reais de negocio.
n
n
Os obxectivos de Transfiere pasan por ser o punto de encontro entre a invención e a comercialización para fomentar a transferencia e a cooperación do coñecemento entre empresas e institucións científicas.
n
n
Transfiere celebrarase en Málaga, capital idónea para acoller o encontro xa que foi recentemente nomeada Cidade máis Intelixente de España, polo seu grao de implantación tecnolóxica, e Cidade da Ciencia e a Innovación, pola súa aposta decidida en investir en infraestruturas innovadoras científicas, tecnolóxicas e sociais.
n
n
No foro estarán presentes científicos, tecnólogos e integrantes do ámbito empresarial máis próximo ao I+D+i de sete áreas -agroalimentaria, enerxética, medio ambiente, saúde, infraestruturas e transporte, telecomunicacións e turismo e servizos-.
n
n
O evento toma como base para a súa creación a nova Lei da Ciencia e apostará pola transferencia do coñecemento como xerme básico para o desenvolvemento económico en tempos de crise. Ademais, xunto con este fomento do coñecemento científico, o sector empresarial terá a oportunidade de trasladar as súas inquietudes á comunidade universitaria para que coñezan as expectativas e as demandas reais do mercado.
n
n
Transfiere deseñouse en torno a un grande espazo de networking no que estarán presentes os axentes impulsores da innovación de cada sector que poderán celebrar encontros B2B, cara a cara; presentar comunicacións e proxectos en exposicións orais, exhibir os seus modelos en áreas de exposición e pechar proxectos nunha zona social para os encontros fóra de axenda.
n
n
Máis información en www.forotransfiere.com.
n
n
(Fonte: APTE)
n
n
n
n