A innovación xa é unha prioridade para as empresas. Pero no contexto da crise, o acceso ao axeitado financiamento segue presentándose como un escollo. A oitava edición do Barómetro internacional de financiamento da Innovación 2012, elaborado pola consultora Alma cg, destaca que o financiamento da innovación das empresas españolas diminuíu un 34%. O informe apunta tamén que unha de cada tres empresas teme que o seu financiamento se reduza no seguinte exercicio.
n
n
nO Barómetro contempla a análise de 4.320 empresas innovadoras: micropemes (25%), pemes (52%), grande empresa (19%) e grandes grupos (4%), de 10 países: Alemaña, Bélxica, España, Francia, Hungría, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa e Canadá. O 34% de descenso do financiamento en España é superior á media do conxunto de países analizados (22%). O barómetro alerta de que para o próximo ano o financiamento podería caer para o 45% das empresas tanto de España coma de Portugal. Non obstante, dende a consultora valoraron positivamente a anunciada lei de emprendedores e cren que alternativas como o patent box teñen un futuro prometedor.
n
nPero neste contexto de dificultade, a innovación xa empeza a entenderse como unha prioridade para o 24% das empresas españolas. A redución dos custos globais é a prioridade para o 18% das empresas e o desenvolvemento internacional éo para o 13%.
n
nEntre as empresas españolas, a desagregación sobre onde procede o financiamento é similar ao do resto de países. O 57% segue utilizando fondos propios para investir en innovación, mentres que o 25% recorre aos fondos públicos. Dende Alma apuntan que «as axudas públicas son fundamentais para o financiamento de proxectos de I+D, pero non deben frear a chegada ao mercado.Estas axudas teñen sentido para as primeiras etapas da innovación. Pola contra, non é produtivo apoiar dun xeito artificial o financiamento de proxectos que deberían alcanzar unha etapa de desenvolvemento, onde o financiamento privado pasa a estar dispoñible».
n
nÁ calor das deducións
n
nAs deducións fiscais por I+D seguen sendo a opción de financiamento utilizado maioritariamente en Europa. O 58% dos enquisados utilízanas e o 18% deduciuse por primeira vez. As grandes corporacións son as que recorren a elas máis asiduamente (92%), seguidas polas grandes empresas (74%), pemes (66%) e micropemes (47%). En España, o 55% dos enquisados declaran aplicar as deducións fiscais á I+D nos últimos tres anos.
n
nNon obstante, o impacto do financiamento externo nas empresas españolas non se deixa sentir de xeito tan intenso: só o 27% aumentou do volume de negocio en novas ofertas fronte ao 59% do resto de países. O 20% afirmou un aumento dos acordos para a I+D. O 19% confirmou un aumento no número de innovacións que chegan ao mercado, fronte ao 60% dos outros países. O 18% declararon un aumento nos traballos de I+D, contra o 41% no resto de países.
n
n(Fonte: Cinco Días)