O espectáculo de ciencia ‘Maxia química’ clausura a xira de actividades iniciada en febreiro por Tecnópole

O espectáculo de ciencia 'Maxia química' clausura a xira de actividades iniciada en febreiro por Tecnópole para levar a máis de 8000 escolares de toda Galicia catro sesións diferentes de divulgación científica con temáticas variadas.

n
n

nEsta actividade, promovida pola Consellería de Economía e Industria e organizada por Tecnópole e Fundación Barrié, será clausurada o próximo 1 de xuño no Parque Tecnolóxico de Galicia despois de viaxar a Lugo, Santiago, Ferrol e Vigo.
n
nEn total, serían preto de 60 representacións, con tres pases de cada un dos catro espectáculos en cada unha das cinco localidades nas que fixo parada cada mes.
n
nOs participantes neste espectáculo están a ser testemuñas de como a química permite desfritir un ovo frito e asistiron asombrados a un experimento que converte a auga en viño e viceversa, un truco que en realidade se debe á fenolftaleína, un indicador de pH que en solucións ácidas permanece incoloro, pero en presenza doutras bases toma unha cor rosada ou violeta.
n
nOs científicos logran desconcertar a todos xirando un vaso cheo de auga sen que caia unha gota. A continuación, explican que previamente engadiran unha pequena cantidade dun polímero hiperhidratable que ten a propiedade de absorber o líquido e formar unha xelatina que queda adherida ás paredes do vaso.
n
nTamén descobren o 'truco' de Uri Geller, un ilusionista que se fixo moi coñecido nos anos setenta do pasado século por dobrar culleres co que el aseguraba que era o poder da súa mente. Os asistentes poden ver o mesmo fenómeno durante o espectáculo, só que lles explican que as culleres de Uri Geller estaban feitas cunha aliaxe especial que reacciona perdendo a rixidez e recuperándoa ante estímulos de temperatura.
n
nAdemais, entre outros experimentos, os científicos aplican lume a un papel directamente sostido coas súas mans e non se queiman, o que lles permite explicarlles aos rapaces e rapazas en que consiste a nitrocelulosa, material do que está feita a folla usada.
n
n20 aniversario de Tecnópole
n
nOs espectáculos de ciencia forman parte do programa de actividades conmemorativas do 20 aniversario de Tecnópole e enmárcanse na liña de actuación de desestacionalización das actividades de divulgación científica contemplada no Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) 2011-2015, que ten como obxectivo promover a celebración de actividades de divulgación á marxe da Semana da Ciencia.
n
nNo caso da Fundación Barrié, esta colaboración realízase no marco das actuacións de apoio á investigación, divulgación da ciencia e fomento de vocación científicas entre a xuventude galega, que impulsa a Fundación a través de educaBarrié, a súa iniciativa para achegarse á comunidade educativa, activa en centros escolares das catro provincias dende o pasado mes de outubro (www.educabarrie.org).
n
nOs 'Espectáculos de ciencia', que en total contarán coa participación de máis de 8000 escolares, supoñen un reto importante para Tecnópole porque implican levar por primeira vez a súa actividade divulgativa a localidades de toda Galicia. As sesións están dirixidas a estudantes de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, adaptándose en cada caso os contidos ao nivel académico dos asistentes.
n
nO obxectivo desta experiencia é levar a ciencia do xeito máis didáctico e ameno aos máis novos. Ao longo dos 50 minutos que dura cada sesión, os asistentes participan en experiencias espectaculares que son o vehículo para introducir conceptos científico-tecnolóxicos. Isto serve para espertar nos estudantes, que asisten acompañados polos seus profesores, a curiosidade e a inquietude que nun futuro os poden orientar cara a carreira científica ou cara a actitudes e aptitudes de emprendemento innovador.
n
n(Fonte: Tecnópole)
n

n