Parte da humanidade comeza o día quentando o leite no microondas, engade unha cullerada de café soluble e frite ovos nunha tixola de teflón, usa na casa electrodomésticos sen fíos e fala polo móbil, sen saber que estes inventos ou as súas melloras foron desenvolvidos para o espazo.
n
n
nE é que, tradicionalmente, o espazo foi unha 'sala de ensaios' e un provedor de inventos que, logo na Terra, foron mellorando o día a día dos cidadáns. En feitos tan cotiáns como pasar a aspiradora ou utilizar un trade sen fíos está presente a investigación espacial, porque grazas a que na Lúa non hai enchufes hoxe se pode contar con estes electrodomésticos sen cables.
n
nAta os bolígrafos, tal e como se coñecen a día de hoxe, foron modificados cando viaxaron ao espazo, xa que os astronautas estadounidenses intentaron en van tomar notas nas súas primeiras misións, pero déronse conta que a tinta non fluía cara a abaixo pola ausencia de gravidade… polo que inseriron un cartucho con gas presurizado. Os rusos viron máis sinxelo coller un lapis, aínda que para clasificar a infinidade de pezas que viaxaban ao espazo, a NASA deixou lapiseiros e bolígrafos no estoxo e inventou o código de barras, utilizado hoxe en día para etiquetar grande multitude de produtos en supermercados, explica a Efe Carlos González, exxefe de operacións da axencia espacial estadounidense en Madrid. A curiosidade é innata ao home e máis cando se viaxa, sobre todo se é fóra do planeta.
n
nIso deberon pensar na NASA. "¿ Como non imos botar fotografías? " afirma o astronauta español Pedro Duque. Ata ese momento, só os satélites espías 'retrataran' a Terra. "Mesmo tiraban o carrete cun paracaídas para ser recollido por un avión", relata a Efe Duque.
n
nAlgo de espías tamén tivo o software de Rexistro e Estabilización de Imaxe (VISAR, nas súas siglas en inglés), creado inicialmente para rexistrar explosións violentas no Sol. Este invento axudou a deter o secuestrador dunha nena en Minnesota e a mellorar as gravacións nocturnas dos atentados dos Xogos Olímpicos de 1996, en Atlanta. Hoxe en día serve para estabilizar as imaxes captadas por cámaras de seguridade e facer nítidas as fotografías de matrículas de vehículos tomadas en estrada.
n
nSen saír do asfalto, a carreira espacial tamén proporcionou que "os monoprazas de Fórmula 1 sexan máis lixeiros e competitivos coa fibra de carbono, material utilizado para construír foguetes,", sinala a enxeñeira de materiais de EADS Astrium, Alicia Ayuso. A Fórmula 1, que ademais incorporou nos seus coches un sistema proveniente do espazo como o control de vibración, non é o único deporte que se beneficiou da carreira espacial. "En paus de golf, canas de pescar, canoas e esquís, onde a baixa masa e a rixidez importa, están presentes materiais fabricados para o espazo, como nos cadros das bicicletas", detalla Ayuso. Precisamente, nunha bicicleta, neste caso a estática de ximnasio, pedalean moitos afeccionados do Spinning sen saber que foi deseñada para que aos astronautas non se lles atrofiasen os músculos.
n
nPedro Duque e Carlos González coinciden en que a miniaturización dos ordenadores foi o gran salto para a humanidade: "É unha consecuencia dos contratos que deu a NASA á industria de Estados Unidos, porque ninguén pensara que os ordenadores tiñan que ser pequenos,", afirma o astronauta español. Estes son algúns dos inventos ou innovacións que viaxaron ao espazo e que hoxe forman parte da vida cotiá para "facer un mundo con máis coñecemento e máis seguro", sentenza Ayuso.
n
n(Fonte: EFE)