O "ranking" de investigación das 48 universidades públicas españolas sitúa a Vigo como a 18 en produción, pero cae ata o posto 31 na rendibilidade por profesor.
n
n
Este desequilibrio entre a capacidade de xerar novos coñecementos e o rendemento de todo o equipo é compartido por Santiago -que pasa do noveno lugar ao décimo sexto- e A Coruña -cuxa posición descende da 36 á 42-. E sae á luz porque o equipo da Universidade de Granada que lidera Gualberto Buela-Casal e elabora este ranking nacional dende 2008 separa por primeira vez os datos de produción e produtividade no informe referente a 2010.
n
n
Desta forma, as tres universidades españolas máis produtivas -Pompeu Fabra, Pablo de Olavide e Autónoma de Barcelona- mantéñense no podio respecto a 2009 e 2008, aínda que intercambiando os seus postos. Non obstante, na clasificación que só teñen en conta a súa produción total ocupan, por esta orde, os lugares 29, 44 e 4.
n
n
Na situación contraria áchanse Complutense, Barcelona e Granada, as tres institucións que encabezan o ranking pola súa capacidade para xerar investigación, pero que quedan nas posicións 20, 8 e 11, respectivamente, polo rendemento dos seus investigadores.
n
n
A produtividade científica da Universidade de Vigo bota en 2010 peor marca que o ano anterior ao caer dende a posición 23 ata a 31, o que a deixa a só un posto por enriba da conseguida en 2008. Pola súa banda, Compostela baixa do 13 ao 16 e A Coruña, do 41 ao 42.
n
n
A clasificación global baséase en sete parámetros: tramos de investigación dos profesores, proxectos de I+D concedidos polo Ministerio de Ciencia en 2010, teses doutorais, bolsas FPU (formación dos docentes), doutorados con mención de calidade, patentes e artigos científicos publicados en revistas indexadas en JCR.
n
n
A universidade viguesa, que aparece en todos os apartados analizados por debaixo da compostelá e nunha posición superior á herculina, mellora en catro apartados e empeora a súa clasificación respecto a 2009 por número de patentes -aínda que é aquí onde obtén o seu mellor posto, o 15-, doutorados con mención e artigos publicados, pero mellora en todas as demais.
n
n
No ranking por número de proxectos de I+D concedidos polo Goberno central, Vigo ascende dous postos -do 25 ao 23-, mentres Santiago experimenta un grande impulso ao escalar do 19 ao 5 e A Coruña mellora unha posición e queda na 35.
n
n
Respecto ao número de teses, lidas, a institución viguesa ascende do lugar 29 ao 23 e, polos tramos de investigación que ostentan os seus profesores, pasa do 36 ao 27. E se en 2009 quedou no posto 37 polas bolsas FPU conseguidas, en 2010 sobe ata o 21.
n
n
En canto á súa produción científica, a posición alcanzada por Vigo no ranking elaborado pola Universidade de Granada é lixeiramente inferior ao atribuído no informe internacional SIR 2010 que o grupo SCImago fixo público a finais do ano pasado. Na devandita clasificación aparecía como a décima institución española entre as 51 públicas e privadas.
n
n
A clasificación elaborada polo equipo do profesor Buela-Casal será publicada dentro duns meses na revista Psicothema. No seu artigo, os autores do informe sinalan como "principal problema da Universidade española a súa "escasa visibilidade e competitividade no novo contexto xurdido tras a aparición do Espazo Europeo de Educación Superior.
n
n
Campus de Excelencia
n
n
Na súa opinión, as institucións académicas deben continuar consolidando as estruturas científicas e mellorar "substancialmente" os mecanismos de transferencia. Neste sentido, sinalan a oportunidade que supoñen os Campus de Excelencia para gañar competitividade "e atraer alumnos, profesores e investigadores doutras partes do mundo". Para poder competir no ámbito internacional, reclaman máis financiamento para proxectos como o Campus do Mar tanto público como privado.
n
n
(Fonte: Faro de Vigo)
n