?A parella de xogadores da empresa Coasa formada por Ángel e Miguel fíxose co trunfo do ‘I Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole’, no que se enfrontaron 14 equipos formados por traballadores de empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia nas pistas do recinto.
?A gran final estivo moi disputada. O partido mantívose igualado ata que os gañadores se desmarcaron do equipo formado por Francisco e Fernando, de Egatel, cun resultado final de 7 a 5.
?Os gañadores recibiron o seu trofeo -adquirido ao Centro Especial de Emprego da Asociación de Parálise Cerebral de Ourense (Aixiña)- durante a cea de peche do torneo, que tivo lugar hoxe en Ourense.
?Os resultados da competición por parellas puideron seguirse a diario a través do Twitter e as súas mellores imaxes xa están na galería en Flickr.
?O torneo de dobres disputouse entre os días 21 e 24 de setembro de 19 a 21 horas, a un só set e a través de fases eliminatorias. O luns e o martes tiveron lugar os oitavos de final con partidos simultáneos en dúas pistas, onte os cuartos tamén con partidos paralelos e hoxe disputáronse as semifinais e a gran final.
?Participaron un total de 14 parellas, formadas por traballadores de empresas e entidades de Tecnópole: Allenta Consulting, Alert Life Sciences Computing, Sogaserso, Aimen, Solar Pereiro, Telémaco, Viveiro da Cámara de Comercio de Ourense, Enyiris, Sonen, Egatel, Excelia, Gaélica Solar, Coasa e Raisin D’Or. Na organización estivo o persoal da sociedade xestora do Parque Tecnolóxico.