O deseñador Roberto Verino lanza unha plataforma de alugueiro de prendas especiais

O deseñador ourensán Roberto Verino acaba de lanzar unha nova plataforma de alugueiro de pezas especiais da marca. O proxecto denomínase Black Label e busca un novo modelo máis consciente de moda. «Permitirá que o cliente goce con pezas que por custo se poden afastar dun orzamento de compra, pero que si gozas temporalmente por menos valor para momentos únicos», sinalou Verino.

A marca ourensá lidera desde hai anos a filosofía «Armario Emocional» e nela buscan que as pezas perduren e que medren con cada persoa. «A plataforma ofrece un servizo de alugueiro co que proxectar o denominado Estilo Verino da man de pezas únicas, moitas de pasarela, que non están á venda e que pretenden axudar á xente a brillar en momentos especiais», indicou Dora Casal, directora executiva.

O deseñador entende que é necesario realizar cambios na mente dos clientes para «adquirir hábitos conscientes que repercutan directamente na pegada que deixamos na contorna».

Fonte: La Voz de Galicia