O desembarco dos fondos inversores en Ourense: o exemplo de Coasa

O desembarco dos fondos de investimento na provincia de Ourense prodúcese a contagotas. A chegada de capital foráneo para relanzar empresas locais afecta a sectores tan dispares como o da lousa ou os xeriátricos. Hai outras operacións, como a do centro comercial Way Ourense, do investidor Kronos Real Estate Group, que se atopan en punto morto á espera de que se execute a licenza solicitada no polígono de San Cibrao das Viñas.

Entre os movementos máis destacados que se consumaron nos últimos tempos na provincia está o caso de Coasa. A planta que a compañía ten no Parque Tecnolóxico de Galicia fabrica pezas para o xigante da aeronáutica Airbus. A propiedade da firma pertence ao grupo vasco Airnnova. No ano 2018 entraron no seu grupo accionarial, con até o 60% do capital, tres fondos de investimento. Trátase de Torreal —liderado polo fillo do empresario Juan Abelló—, Península Capital e Tower Brook.

Segundo os últimos datos que figuran no Rexistro Mercantil, a fábrica ourensá de Coasa factura uns vinte millóns de euros e dá emprego a 300 persoas. Entre as pezas que saen de Ourense destacan elementos para marcas como Airbus, Boeing ou Embraer.

Fonte: La Voz de Galicia