O colector de lixo creado por Formato Verde gaña un prestixioso premio internacional de deseño industrial

O grupo Formato Verde, con sede na Tecnópole, vén de ser galardoado co Adesign Award, un prestixioso premio internacional de deseño industrial, polo seu colector de lixo Big Bin. O contedor, fabricado integramente con pezas procedentes de empresas galegas, foi premiado na categoría de mobiliario urbano pola súa calidade técnica e por ofrecer unha solución construtiva non existente no mercado.

n
n

 

n

Aos Adesing Award presentáronse 5250 proxectos de 141 países, dos que 261 resultaron gañadores. Destes, 49 obtiveron un premio platinum –a máxima distinción–, que foi o que lle correspondeu ao Big Bin. Na selección participaron 30 xuíces, profesionais do deseño con recoñecemento a nivel internacional. Segundo os organizadores, o Adesign Award non é só un premio, senón un indicador de calidade e un certificado de excelencia.

n

 

n

A entrega de premios, celebrada recentemente en Italia, está organizada como unha exposición na que os gañadores teñen ocasión de que empresas e profesionais de todo o mundo vexan o seu traballo, polo que está considerada unha plataforma de negocio internacional.

n

 

n

O Big Bin foi desenvolvido por FrutoDS, empresa pontevedresa de deseño industrial participada polo grupo Formato Verde e que presta servizos a compañías de múltiples sectores. O coñecemento do sector dos residuos por parte do grupo foi o xerme deste novo produto.

n

 

n

O colector galardoado foi desenvolvido co apoio económico do Programa de Investimentos Innovadores do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) da Xunta de Galicia. Ademais, a peza sobre a que se estrutura todo o contedor (denominada cinto DSB) ten unha patente en proceso de solicitude.

n

 

n

Un colector con conciencia

n

 

n

O Big Bin preséntase como un colector que anima ao usuario a reciclar e todo o seu deseño xira arredor desta máxima. Lonxe de representar só unha mellora estética, destaca pola súa funcionalidade, que integra ademais elementos informativos para motivar os cidadáns a que desenvolvan unha conduta positiva cara ao pequeno esforzo extra que implica o vertido selectivo de residuos. Segundo a empresa, mentres que o 45% dos 547 quilos de lixo que verte cada persoa ao ano son produtos reciclables (vidro, envases e papel), actualmente só se recupera o 15%.

n

 

n

Entre as funcionalidades que incorpora o Big Bin nas súas diferentes modalidades segundo o tipo de lixo –orgánico, vidro, envases ou papel– atópase a posibilidade de incorporar unha placa en braille para os invidentes. Ademais, inclúe información sobre o tipo de residuo que se debe botar en cada colector, así como información relativa ao punto limpo máis próximo e números de teléfono para consultas.

n

 

n

Os materiais nos que está fabricado o colector (principalmente polietileno rotomoldeado e aceiro galvanizado) fan que sexa moi resistente aos golpes, aos cambios de temperatura e ao desgaste. Ademais, está deseñado para que a súa manipulación polos vehículos de descarga sexa moi silenciosa e máis rápida grazas ás maiores dimensións das tapas, o que evita as molestias para os veciños en plena madrugada. Tamén se reducen as tarefas de mantemento fronte aos colectores tradicionais e, grazas ás súas formas redondeadas, facilítase a limpeza e evítase a acumulación de residuos que, co paso do tempo e as altas temperaturas, favorecen os malos olores.

n

 

n

Por outra parte, o seu uso é máis cómodo por ter tapas moi lixeiras, con peche amortecido e máis baixas, o que garante a súa accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

n

 

n

Formato Verde

n

Formato Verde acumula unha experiencia de máis de dez anos en deseño industrial aplicado a solucións ambientais. O seu produto estrela, ademais do Big Bin, son as diferentes versións de colectores soterrados (Back, Clip, Side e Megabox) que xa instalou nas grandes cidades de Galicia e en numerosas localidades de España e Portugal.

n