O Clúster Tecnolóxico Empresarial Bioga prepara en Galicia un cumio de investidores vinculados á biotecnoloxía

n

n

O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) prepara un cumio de investidores en Galicia para incentivar a aposta polas iniciativas empresariais vinculadas á biotecnoloxía.

n


n

 

n

n

Do mesmo xeito, a tamén denominada Lonxa de Investidores, que se celebrará en Galicia, previsiblemente no mes de xaneiro, pretende atraer capital interesado en impulsar proxectos apoiados na innovación e con elevado potencial de crecemento.

n

 

n

O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), asociación empresarial sen ánimo de lucro que está a dar os seus primeiros pasos e aglutina as organizacións integradas na cadea de valor do sector biotecnolóxico na Comunidade galega, conta con 11 socios empresariais e institucionais: GalChimia, Allelyus, Trabeculae, AMSlab, Aqualgae, Advancell, Hifas da Terras, Nanogap, Abbance, Tecnopole, Sergas, Bic Galicia, Fundación Biomédica e Campus Vida. No ano 2011, incorporáronse sete novas firmas.

n

 

n

A este respecto, a presidenta de Bioga, Carme Pampín, afirma que o clúster pretende ser "un instrumento útil e práctico para as empresas e institucións que en Galicia están envorcadas no sector da biotecnoloxía".

n

 

n

Deste xeito, Pampín anima aos actores -empresas institucións e equipos de investigación- do sector a implicarse nun proxecto que, malia a crise económica, ten un "elevado potencial" de crecemento.

n

 

n

Un dos proxectos estrela de Bioga para os próximos meses será a celebración en Galicia dunha Lonxa de Investidores, ante o que esta entidade considera que será útil para promover a detección de potenciais investimentos galegos e de fóra da comunidade. O clúster encárgase de seleccionar ideas e proxectos e de presentalos aos posibles futuros socios. Os emprendedores galegos e potenciais investidores intercambiarán iniciativas.

n

 

n

"Queremos atraer ao capital interesado en investir en proxectos innovadores, buscamos capital que queira apostar polo esperanzador e ilusionante futuro da biotecnoloxía galega", explicou Carme Pampín, quen destaca que na Lonxa de Investidores haberá representantes de capital público e privado.

n

 

n

Bioga tamén ten proxectada a celebración en Galicia dunha misión comercial inversa. Será en Santiago de Compostela, no mes de xaneiro. Ao cumio, que servirá para intercambiar experiencias e afondar nas opcións de colaboración comercial, estarán invitados os membros de Biocat, o clúster da biotecnoloxía de Cataluña; e de Bioibid, a Asociación Balear de Empresas de Biotecnoloxía.

n

 

n

(Fonte: Innovamás)

n

n

n

 

n