O clúster galego Bioga fíxase para 2013 fortalecer o seu financiamento e o seu proceso de internacionalización

As empresas integradas en Bioga, o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias dan Vida de Galicia, afrontan o ano 2013 co obxectivo de fortalecer os seus instrumentos de financiamento e o proceso de internacionalización no que están inmersas. A formación e o impulso do I+D+i serán, segundo explica esta entidade, os outros piares sobre os que baseará as actividades e iniciativas que desenvolverá o sector nos próximos meses.

n
n

nAs empresas integradas en Bioga, o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias dan Vida de Galicia, afrontan o ano 2013 co obxectivo de fortalecer os seus instrumentos de financiamento e o proceso de internacionalización no que están inmersas. A formación e o impulso do I+D+i serán, segundo explica esta entidade, os outros piares sobre os que baseará as actividades e iniciativas que desenvolverá o sector nos próximos meses.
n
nPara continuar co proceso de internacionalización, Bioga organizará en 2013 diversas misións comerciais, ademais de poñer a disposición das empresas do sector un servizo de apoio para a elección da estratexia máis axeitada. O clúster, presidido por Carme Pampín, está formado por máis de vinte socios vinculados á cadea de valor do sector biotecnolóxico no ámbito territorial de Galicia.
n
nUn dos grandes obxectivos de Bioga, dende a súa fundación, é a busca de instrumentos de financiamento sólidos para as súas empresas. De feito, este ano celebrarase a terceira edición da Lonxa de Investidores, na que os emprendedores galegos intercambiarán os seus proxectos con potenciais investidores.
n
nOutra das iniciativas que manterá o clúster en 2013 serán os bioalmorzos. O primeiro xa se celebrou coa asistencia do novo director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, no que foi o seu primeiro acto dende a súa chegada ao cargo en xaneiro, o que demostra, destaca Bioga, "a aposta do organismo polo desenvolvemento do sector biotecnolóxico na Comunidade galega".
n
nFinalmente, as empresas que son socias de Bioga son conscientes da necesidade de contar nos seus equipos con traballadores especializados na xestión empresarial e na comercialización dos seus produtos, área á que irán destinadas diferentes actividades de formación nos próximos meses.
n
n(Fonte: 20 minutos)

n