O xerente do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), Alberto Cominges, asegura que o sector ve "unha grande oportunidade" tanto no desenvolvemento do coche eléctrico coma nos vehículos "ecoeficientes" en xeral e está "inmerso" niso, se ben prevé "unha penetración lenta" no mercado destes produtos.
n
n
nPreguntado polo estado no que se atopan os proxectos para desenvolver o coche eléctrico en Galicia durante un encontro organizado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) con nove cluster galegos, o representante do da automoción asegurou que os vehículos ecoefientes son xa o seu "presente".
n
nEn canto ao coche 100% eléctrico, Cominges apuntou que é "unha oportunidade sobre a que traballar". "Sabemos que terá unha penetración no mercado moi lenta. Non nos sorprendeu", expuxo e destacou que ao principio o prezo é caro e é necesario desenvolver a rede para a recarga.
n
n"Os que probamos un eléctrico quedamos convencidos", asegurou e indicou que, polo momento, practicamente todas as empresas traballan xa con modelos híbridos. O futuro, en calquera caso, pasa por fabricar vehículos máis eficientes e máis seguros.
n
nNa presentación sobre o labor do cluster, que aglutina 90 empresas, con 18.500 empregos directos e unha facturación de 6100 millóns de euros, Cominges explicou que esta asociación para a cooperación empresarial naceu en 1997 e en 2004 elaborou o primeiro plan estratéxico para o sector.
n
nA filosofía céntrase en situar ao sector galego da automoción nunha posición de "líder europeo en competitividade" coa vista posta en 2020. Ademais, destacou que o emprego directo xerado polas empresas do sector supón o 11% do emprego industrial de Galicia e que a facturación equivale ao 11% do produto interior bruto (PIB) de Galicia.
n
n(Fonte: Europa Press)