En concreto, ese proxecto estará situado no Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, CIS Madeira, situado na Tecnópole. Esas instalacións serán a sede do novo coworking que porá en marcha a Xunta de Galicia, e que estará especializado no sector forestal.
Tal e como destacou Conde, “o CIS Madeira será o motor para impulsar novos proxectos neste ámbito, no que os empresarios máis novos xogarán tamén un papel decisivo”. De acordo coas previsións que se manexan, en xullo lanzarase a primeira convocatoria co obxectivo de que no mes de setembro arranque a aceleradora, da que formarán parte dezaseis proxectos que a administración galega tutelará.
A iniciativa que nuns meses arrancará na Tecnópole forma parte da rede de aceleradoras coas que a administración galega pretende impulsar a innovación empresarial e que nos últimos anos mobilizou catorce millóns de euros. Conde destacou que o CIS Madeira súmase a “outros seis espazos coworking que a Xunta organiza en diversos concellos, entre eles Celanova, onde xa se está a desenvolver con 22 proxectos e un total de 35 emprendedores”.
Agrobiotech
Así mesmo, o titular de Economía adiantou que dous proxectos da provincia de Ourense se atopan entre os dez que foron seleccionados para participar na segunda edición do programa Agrobiotech, outra aceleradora con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia que ten por obxectivo apoiar as pequenas e medianas empresas innovadoras da comunidade autónoma dos sectores biotecnolóxico, agroalimentario e de biomasa.
(Fonte: La Voz de Galicia)