O ciclo “Os mércores de Tecnópole” porá en valor a innovación das empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia

O próximo 25 de setembro dará comezo o ciclo "Os mércores de Tecnópole", organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia para contribuír a poñer en valor a innovación das súas empresas. Un mércores de cada mes unha empresa exporá as súas capacidades e diferenzas competitivas no seu ámbito de actividade co obxectivo de mellorar a súa visibilidade e o seu posicionamento no mercado.

n
n

nO ciclo será inaugurado por Coren, que aproveitará o seu coñecemento experto no sector agroalimentario para explicar os retos máis importantes aos que se enfronta este ámbito na actualidade e a súa estratexia para enfrontarse a eles. O primeiro semestre desta iniciativa completarase coas intervencións de Egatel, Allenta, Gaélica Solar, Contactnova Callcenter e Kinetika Innovacións Estruturais.
n
nO contido destas sesións será posto na web, a plataforma www.5sentidosparainnovar.com de innovación aberta promovida por Tecnópole, para que sexa accesible a todos os interesados que non poidan asistir de xeito presencial.
n
nO obxectivo deste ciclo é potenciar o papel tractor que as empresas de Tecnópole poden exercer nos seus respectivos sectores con base na innovación, dando a coñecer no ámbito as súas fortalezas e diferenzas competitivas. Con isto preténdese contribuír a reforzar o seu posicionamento no mercado e incrementar as súas relacións empresariais e comerciais.
n
n(Fonte: Tecnópole)

n