A empresa tecnolóxica estadounidense IBM anunciou o desenvolvemento dun chip que, a través de impulsos de luz, permitirá a transmisión de información a unha velocidade maior.
n
n
nA nova tecnoloxía, chamada 'nanofotónica de silicio', permite a integración de diferentes compoñentes nun chip de silicio. Deste xeito, segundo a compañía, aprovéitase dos impulsos de luz (en lugar de usar sinais eléctricos) para a comunicación, e "proporciona unha autoestrada para enormes volumes de datos" entre procesadores de servidores a unha maior velocidade que os actuais sistemas existentes.
n
n"Este avance tecnolóxico é o resultado de máis dunha década de investigación pioneira en IBM", declarou John E. Kelly, vicepresidente senior e director de investigación de IBM. A empresa di estar xa en disposición para desenvolver aplicacións comerciais. "Terá un impacto nunha ampla gama de aplicacións", afirma o dirixente da firma.
n
nSegundo dixo o equipo que desenvolve esta tecnoloxía á BBC, o uso da luz en lugar de fluxos de electróns para transmitir información ten dúas vantaxes. A primeira é que os datos poden ser enviados a maior distancia dende distintas partes do servidor, sen risco de perder información. E, ademais, a luz permite transferir máis cantidade de datos e a máis velocidade que cos cables convencionais. Así, segundo este artigo, IBM fixo posible que este proceso de conversión teña lugar no chip da computadora que integra os compoñentes ópticos de lado a lado dos circuítos eléctricos dunha mesma peza de silicio, e poden ser fabricados a un custo relativamente baixo.
n
nEstá programado que a propia IBM achegue máis detalles sobre este descubrimento no Encontro Internacional de Aparatos Eléctricos (IEEE International Electron Devices Meeting) en San Francisco.
n
n(Fonte: ABC)