O CESGA está a mudar a súa tecnoloxía para incorporar este ano unha maior capacidade de computación e adecuarse á demanda de servizos para a I+D+I, coa incorporación dun novo supercomputador (con máis de 275 TFlops e 40TB de memoria RAM), así como outras infraestruturas para a innovación como unha nova contorna Cloud, un novo servizo para Big Data con preto de 600TB en liña ou unha nova contorna de visualización remota. Todo isto deseñado para poder experimentar e desenvolver innovacións.
Os técnicos do CESGA amosarán casos de uso por empresas e presentarán as facilidades que o centro pon ao dispor das pemes en Galicia a través do proxecto CloudPYME, financiado polo programa de colaboración Galicia-Norte de Portugal (POCTEP).
Tamén, baixo petición, os interesados poderán manter unha entrevista persoal con eles para analizar as posibilidades de utilización desta tecnoloxía nas súas tarefas de innovación.
A inscrición está aberta no seguinte formulario: http://www.tecnopole.es/visita-do-cesga-tecnopole-cloud-e-big-data-para-empresas-que-innovan.