O Centro Tecnolóxico da Carne prestará servizos de apoio á Asociación Galega da Carne

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) firmou a semana pasada un contrato coa Asociación Galega da Carne (Asogacarne) para prestarlle servizos de apoio baseándose na súa experiencia de soporte á industria do sector.

n
n

nEstes servizos, que terán carácter administrativo, técnico e de apoio, terán como obxectivo principal consolidar e promover a actividade de Asogacarne. O acordo foi firmado nas instalacións do CTC en Tecnópole polo presidente da entidade asociativa, Emilio Pedro González Iglesias, e polo director xerente do CTC, Miguel Fernández Rodríguez.
n
nMediante este contrato, as dúas entidades colaborarán coa vista posta no desenvolvemento tecnolóxico das empresas galegas relacionadas co sector cárnico en todos os seus ámbitos de actividade e en relación a todas as cabañas existentes.
n
nAdemais de fomentar a I+D, as dúas entidades desenvolverán accións conxuntas para a mellora dos servizos á industria, como a creación dun observatorio sobre o sector cárnico de Galicia; a elaboración de estudos; a publicación dun boletín informativo online no que se recollerán as principais noticias relacionadas con esta actividade, os eventos da asociación, a lexislación aplicable ao sector, etc.
n
nSegundo os seus promotores, a importancia deste acordo e o éxito dos seus obxectivos está avalado pola ampla base de asociados de Asogacarne –que integra aos matadoiros, ás salas de despece e ás industrias de fabricación e elaborados cárnicos máis representativas do sector galego– e pola intensa actividade do CTC nos campos da I+D+i, da transferencia de tecnoloxía, da formación e dos servizos a empresas.
n
n(Fonte: CTC)

n