O Centro Tecnolóxico da Carne participa nun proxecto destinado á mellora xenética do porco celta

A explotación porcina Casa Labradela, situada en Cervo, forma parte dun proxecto de investigación en materia xenética da raza porco celta no que participa a Xunta de Galicia. Nesta acción colaboran o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, o Centro Tecnolóxico da Carne e a asociación de criadores Asoporcel.

O propósito deste proxecto é «favorecer a consolidación desta raza de cara á recuperación de terras en desuso, a produción sostible e respectuosa co medio e a economía circular. Todo isto, sen esquecer o importante labor destas gandarías na prevención dos incendios forestais», destacan desde a Xunta.

A participación na iniciativa de explotacións como a de Xove céntrase en tarefas de recollida de datos como pesos ou nacementos de exemplares. «O obxectivo é establecer o punto de partida para o deseño dun procedemento de avaliación xenética de individuos da raza co que comezar un programa de aumento da poboación e a definición de liñas xenéticas reprodutivas e multiplicativas», explican.

Fonte: El Progreso