O Centro Tecnolóxico da Carne imparte un curso sobre análise sensorial aplicada á industria alimentaria

O Centro Tecnolóxico da Carne, con sede en Tecnópole, acollerá durante os días 26, 27 e 28 de xuño o curso "Análise sensorial: unha ferramenta para a industria alimentaria". A inscrición está aberta ata o 21 de xuño.

n
n

nAs aplicacións da análise sensorial son numerosas, tanto para o desenvolvemento de novos produtos coma para o control e mellora da calidade dos existentes. O obxectivo deste curso é dar a coñecer os fundamentos básicos e a aplicación práctica da metodoloxía da análise sensorial na industria alimentaria.
n
nOs destinatarios do curso son responsables e técnicos de industrias alimentarias, técnicos de departamentos de I+D e calidade e profesionais interesados en ampliar os seus coñecementos sobre a utilización da análise sensorial como ferramenta de traballo.
n
nO custo da inscrición, que pode formalizarse mediante a información dispoñible no programa, é de 300 euros, aínda que se pode bonificar por medio da Fundación Tripartita. Neste último caso, a inscrición deberá formalizarse antes do 16 de xuño.
n
n(Fonte: CTC)
n

n