O centro tecnolóxico Aimen lidera un proxecto europeo de I+D+i para fabricar microdispositivos médicos máis efectivos e económicos

O centro tecnolóxico Aimen lidera un consorcio europeo que investiga novas metodoloxías de fabricación de compoñentes médicos, cos obxectivos de minimizar os seus elevados custos de produción, mellorar a súa efectividade e incrementar o seu grao de accesibilidade para facultativos e pacientes.

n
n

 

n

Este proxecto de I+D+i, denominado FaBiMed, está cofinanciado pola Comisión Europea baixo o Sétimo Programa Marco, e dentro da iniciativa "Factories of the Future"; e nel participan 12 socios europeos, entre os que se atopa o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), que se encargará de validar os desenvolvementos realizados.
n
nO proxecto FaBiMed, cuxa primeira reunión de traballo tivo lugar esta mañá na sede do Centro Tecnolóxico AIMEN, céntrase na elaboración de tres tipos de dispositivos, que servirán de demostradores das novidosas tecnoloxías de fabricación investigadas. Trátase de microagullas adaptables a diferentes tipos de pel para administrar medicamentos sen producir dor nos pacientes, sistemas portátiles de diagnose, mediante a análise instantánea de distintos indicadores a partir dunha soa gota de sangue; e sensores de ultrasóns introducidos por catéter miniaturizado, para poder reproducir imaxes das veas do paciente (técnica IVUS). A previsión inicial é que nun prazo aproximado de cinco anos estean no mercado os produtos fabricados coas tecnoloxías de fabricación FaBiMed.
n
nProcesos alternativos de fabricación
n
nNos últimos anos creáronse numerosos microdispositivos médicos personalizados ou adaptados a grupos específicos de pacientes, orientados a administrar terapias avanzadas ou para a realización de diagnose inmediata. Entre as súas calidades destacan a súa funcionalidade, o emprego de materiais biocompatibles e a súa alta adaptabilidade, ao ser deseñados á medida. Non obstante, a falta de flexibilidade ante novos desenvolvementos, a baixa produtividade e os elevados custos de fabricación ralentizaron o seu desenvolvemento.
n
nOs dispositivos conteñen pezas con tamaños e detalles xeométricos moi por debaixo do milímetro, e os procesos que se empregan actualmente para a súa fabricación e ensamblado son herdados da microelectrónica. Estes resultan rendibles cando se traballa con grandes series e deseños, tipo microchip, pero o seu rendemento redúcese ao adaptarse ás necesidades do sector médico: volume de produción medio e variable, deseños flexibles, xeometrías tridimensionais, etc. Co obxectivo de optimizar recursos e facilitar o acceso a estes compoñentes, os socios do proxecto FaBiMed traballarán na busca de procesos alternativos que faciliten a súa produción.
n
nConsorcio europeo integrado por 12 socios
n
nO consorcio foi deseñado para reforzar a cooperación entre as pemes do sector de dispositivos médicos (que representan entre o 90 e o 95% do total da devandita industria) e os principais axentes de I+D+i (centros tecnolóxicos, hospitais e universidades). Nel participan, baixo o liderado de Aimen, tres pemes europeas dedicadas á produción de dispositivos médicos, dous especialistas en procesos de fabricación e unha centrada no deseño de compoñentes ópticos personalizados. Así mesmo, apóianse noutros tres centros tecnolóxicos -FAUNHOFER (Alemaña), RECENDT (Austria) e INEGI (Portugal); as Universidades de Aveiro e Oporto (Portugal), a Universidade de Birmingham (Inglaterra) e o Trinity College de Dublín (Irlanda). Por último, o SERGAS, a través do servizo de Cardioloxía do Hospital Universitario de Santiago de Compostela, será a entidade encargada de validar os desenvolvementos realizados no marco desta iniciativa.
n
nO presuposto total de FaBiMed, que ten unha duración total de 3 anos, supera os 4 millóns de euros, dos cales máis de 3 millóns serán sufragados pola Comisión Europea.
n
n(Fonte: Aimen)
n

n