O CDTI financiará con 30 millóns de euros a participación de empresas españolas no Programa Iberoamericano de Innovación (PII)

n

n

O Ministerio de Ciencia e Innovación informou que España participará no Programa Iberoamericano de Innovación (PII), acordado na segunda reunión do Comité Intergobernamental Iberoamericano de Innovación, que reuniu en Brasil dirixentes de 12 países iberoamericanos.

n


n

 

n

n

Nesta reunión acordouse lanzar o PII, cun investimento aproximadamente 100 millóns de dólares. Con esta dotación, cada país participante poderá financiar a participación das súas empresas nos proxectos de cooperación iberoamericanos en I+D+i.

n

 

n

O obxectivo deste programa, situado dende o principio na axenda da Estratexia Estatal de Innovación (e2i) desenvolvida polo Ministerio de Ciencia e Innovación, é reforzar e promover a cooperación iberoamericana en materia de investigación aplicada e innovación tecnolóxica mediante proxectos de I+D+i liderados polas empresas e realizados en consorcios transnacionais con outras empresas, universidades, centros tecnolóxicos e/ou de investigación ou outros actores de diversos países.

n

 

n

A devandita iniciativa contará con sete liñas de actuación: proxectos de I+D+i; plataformas tecnolóxicas sectoriais iberoamericanas; apoio ás novas empresas de base tecnolóxica; formación e intercambio de boas prácticas; fondos nacionais e multilaterais; apoio á redución de asimetrías; e cooperación con Redes e Asociacións internacionais focalizadas na innovación empresarial.

n

 

n

Ademais da participación de España, os países que forma parte do PII son Arxentina, Brasil, Bolivia, O Salvador, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Uruguai, Perú e Portugal.

n

 

n

O financiamento de cada proxecto compete aos seus participantes e ás entidades nacionais financiadoras interesadas. No caso de España, o CDTI será o organismo xestor do programa e prevé financiar as participacións das empresas españolas por valor de 30 millóns de euros. Os créditos que conceda serán ao 0% de interese cun tramo subvencionado de ata o 33%.

n

 

n

Este programa terá vixencia ata o primeiro trimestre do ano 2015 e poderá ser renovado sucesivamente por períodos de cinco anos.

n

 

n

(Fonte: Ministerio de Ciencia e Innovación)

n

n

n

 

n