n
n
A localidade ourensá do Carballiño acollerá a máis de 500 profesionais no XVII Congreso Internacional da Asociación Española de Expertos Científicos en Turismo (AECIT), previsto para o próximo mes de novembro. O eixe central do encontro será reflexionar sobre a creación e o desenvolvemento de novos produtos turísticos, a innovación e o enfoque experiencial.
n
n
n
n
n
n
Segundo explica a asociación, escolleuse este tema debido a que o novo turista deixou de adquirir simplemente estanzas en hoteis e visitas a destinos, para pasar a elixir experiencias e intermediación. O debate entre profesionais e expertos nacionais e internacionais focalizarase, polo tanto, nesta nova concepción do turismo, que busca adaptar a oferta ás características do visitante. Neste novidoso ámbito turístico, a subxectividade domina completamente a viaxe, polo que o destino ha de prover emocións personalizadas para cada tipo de cliente.
n
n
Deste modo, o Congreso converterá O Carballiño no centro do coñecemento sobre como comercializar e posicionarse no presente e futuro do sector turístico, a través da innovación en todos os ámbitos da xestión dos destinos e produtos turísticos.
n
n
O próximo mes de febreiro realizarase a presentación oficial da décimo sétima edición deste evento, en Santiago de Compostela, nun acto no que estarán presentes todas as institucións que se van involucrar na súa organización. A partir dese momento quedará aberto o prazo de inscrición para participar no Congreso.
n
n
(Fonte: Innovamás)
n
n
n
n
n