Os fármacos oncolóxicos e neurodexenerativos acaparan a maior parte dos 500 millóns que as biotecnolóxicas invisten cada ano en España. Este presuposto repártese entre as empresas que integran cada área na que se divide o sector: vermella (medicamentos), azul (ciencias mariñas), branca (ámbito industrial) e verde (agroalimentación).
n
n
n
En España, o número de empresas biotecnolóxicas que se dedican a temas de alimentación xa superou en número as farmacéuticas, as máis numerosas ata hai dous anos. Non obstante, a maior parte do investimento segue estando aínda en mans dos que traballan no ámbito da saúde.
n
n
Máis dun terzo do tecido empresarial biotecnolóxico en España ten a súa actividade no ámbito farmacéutico, segundo datos do último informe anual do sector elaborado pola patronal Asebio, que acaba de publicar o pipeline das investigacións sanitarias. Máis de medio centenar de empresas traballan actualmente en 213 proxectos de investigación con selo español neste campo.
n
n
Medicamentos
n
n
O segmento máis importante é o desenvolvemento de novos fármacos, aínda que nos últimos anos gañou peso a división de diagnóstico de enfermidades, xa que esixe menos recursos e permite ter antes no mercado un produto co que conseguir ingresos. O principal problema das biofarmacéuticas españolas é o seu tamaño. Máis de 350 dos case 500 millóns de euros que se invisten en España en biotecnoloxía proceden de pemes, segundo os datos da patronal. Por ese motivo, moitas compañías deberán ceder no futuro as súas investigacións a grandes multinacionais que comercialicen o seu medicamento.
n
n
Só unha de cada 10.000 moléculas descubertas chega a converterse nun fármaco, para o que é necesario investir preto de mil millóns para desenvolver un medicamento, ademais dunha década de investigación. Os riscos son moitos e, polo tanto, maior será tamén a recompensa, recoñecen dende as firmas de capital risco que invisten no sector.
n
n
Para reducir a incerteza e buscar o máximo retorno, as biofarmacéuticas traballan coas enfermidades de maior incidencia, concretamente, co cancro. O 41% de todos os medicamentos que se están a investigar en España son oncolóxicos, seguidos, cun 19%, polos que serven para tratar enfermidades neurodexenerativas, como o Alzheimer.
n
n
De momento, só sete empresas conseguiron lanzar o seu medicamento no mercado: PharmaMar, AB Biotics, Biogen Idec, Palau Pharma, Iberhospitex, GP-Pharm e Merck. O resto aínda está en fases de investigación, nalgúns casos, como Cellerix, con proxectos moi avanzados, aínda que, en xeral, aínda haberá que esperar unha década para deixar de soñar cunha vacina contra o Alzheimer.
n
n
Os proxectos máis avanzados
n
n
Asebio, a patronal do sector biotecnolóxico español, presentou o pipeline do sector industrial, un dos máis avanzados, xa que é o que conta cun maior número de produtos e servizos no mercado. As compañías da coñecida como biotech branca teñen en marcha máis dun centenar de proxectos, a maioría produtos que van dende biodeterxentes ata bacterias que controlan a fermentación. As iniciativas de maior envergadura están relacionadas coas investigacións no ámbito dos biocombustibles. Por outra banda, a biotecnoloxía industrial tamén destaca pola súa actividade na consecución de patentes, con 55 licenzas.
n
n
(Fonte: Expansión)
n
n