Cada ano, a Vicerreitoría do campus, co financiamento da Deputación Provincial de Ourense, convoca unha liña de axudas, chamadas INOU, para proxectos de investigación dos seus grupos. Esta convocatoria permite afondar aos seus beneficiarios en temas que van desde o estudo da necrópole de San Vítor de Barxacova ata o desenvolvemento de aplicacións turísticas para teléfonos intelixentes. Co obxectivo de visibilizar estes traballos e de que a cidadanía coñeza sobre que e quen investiga na súa Universidade, o campus de Ourense celebrará o vindeiro 12 de decembro as I Xornadas de Investigación INOU.
n
n
nA iniciativa, que terán lugar no Centro de Desenvolvemento da Fundación Novacaixagalicia, foi presentada este luns por María Lameiras, vicerreitora do campus; Xosé Antón Vila, director do CITI, e Alberto Vaquero, director da Área de Descentralización do campus. “Os obxectivos son visibilizar e valorizar estes proxectos, amosarlle á cidadanía que se investiga no campus de Ourense e transferir os resultados deste traballo á sociedade”, destacou María Lameiras. Concretamente, nestas primeiras xornadas presentaranse dez dos proxectos que foron financiados, tal e como explicou Alberto Vaquero, polas convocatorias competitivas de 2011 e 2012 de INOU. “Hai que salientar que para obter estas axudas teñen prioridade os traballos que teñen relación directa con Ourense e os que son realizados por novos investigadores, traballos que terían dificultades para captar financiamento en convocatorias máis amplas como as estatais”, apuntou Xosé Antón Vila.
n
nDa sociabilidade nos balnearios a aplicacións turísticas
n
nAs investigacións que se presentarán nas xornadas abranguen as diferentes áreas de coñecemento. No eido das humanidades, Beatriz Comendador, decana da Facultade de Historia, exporá o proxecto levado a cabo no enclave medieval de San Vítor de Barxacova no contexto da paisaxe do canón do río Mao. Pola súa banda, o docente Julio Prada presentará a aproximación histórica realizada á sociabilidade nos balnearios ourensás desde a Restauración á actualidade. No eido xurídico, Trinidad Domínguez amosará os resultados do estudo realizado sobre turismo sénior e a súa vinculación co sector termal, destacando o seu potencial e aplicabilidade para a actividade turística de Ourense. Pola súa banda, o tamén profesor José María Failde explicará o estudo realizado de perfil clínico, personalidade, estilos de condución e características sociodemográficas dos penados por delitos contra a seguridade viaria na provincia.
n
nNo eido científico, os proxectos que se presentarán serán un estudo mecanístico de reaccións catalizadas por ouro e deseño de novos catalizadores, a cargo da investigadora Olalla Nieto, e unha análise da mellora da capacidade competitiva das destilerías ourensás e empresas afíns mediante o desenvolvemento dun novo augardente/licor baseado no emprego de lúpulo galego como herba aromática, a cargo de Laura Vázquez. Por último, no eido tecnolóxico serán tres os traballos que se amosarán. Un estará centrado nun framework para a xeración de aplicacións de promoción turística para teléfonos intelixentes, de José Manuel Sorribes; outro nun estudo de inundacións e elaboracións de mapas de risco para a provincia mediante un modelo numérico, de Anxo Barreiro; outro na aplicabilidade do estudo da variabilidade da frecuencia cardíaca á valoración do risco suicida en condicións clínicas reais, de Arturo J. Méndez Penín, e un último afondará nas vacinas baseadas en epítopos para a gandería de Ourense, de David Olivieri.
n
nA exposición de traballos comezará ás 17.00 e continuará ata que, ás 19.30 h, as xornadas acollan unha conferencia de Senén Barro, catedrático e ex-reitor da Universidade de Santiago de Compostela e presidente de RedEmprendia, que falará sobre “Paradoxos do I+D: notable produción científica e insuficiente transferencia de resultados”.
n
n(Fonte: Uvigo)