O biopetróleo, unha revolución en marcha

O biopteróleo creado por Bio Fuel Systems a partir da captura e neutralización de CO2 será presentando na Conferencia Mundial 'Os Talleres da Terra 2011'como "unha solución tecnolóxica que xa existe" e "un modelo que representa unha verdadeira revolución".

n
n

 

n

Así se presenta pola organización a Bernard A.J. Stroïazzo-Mougin, presidente fundador de BFS, única empresa española (Alacante) que foi invitada ao evento como relator.

n

 

n

Do 26 ao 28 de setembro a localidade francesa de Evian, á beira do lago Léman, acollerá centenares de políticos, empresarios e científicos, unidos polo compromiso de apoiar toda iniciativa que axude a un desenvolvemento sustentable do planeta e a busca de solucións que garantan un futuro mellor.

n

 

n

A empresa Bio Fuel Systems, a primeira en desenvolver un petróleo sintético que na súa produción neutraliza grandes cantidades de CO2, foi elixida dentro do cadro denominada 'Revolucións en marcha', no que se expoñen as solucións financeiras, tecnolóxicas e sociais que xa existen e que se poden implementar no mundo real para levar a cabo esas transformacións necesarias que garantan un planeta viable. Así, xunto ao profesor Robert Bell, director do departamento de finanzas e administración de empresas de Brooklyn College, City University de Nova York, que exporá as súas solucións financeiras ao actual modelo de crise global e Abdoulaye Harissou, autor da 'Terra, un dereito humano', inventor do concepto de 'micro-propiedade' -tomado como exemplo dun novo sistema de avance social en África-, o inventor do ciclo acelerado de conversión enerxética do CO2 e presidente CEO de Bio Fuel Systems, Bernard A.J. Stroïazzo-Mougin, exporá o revolucionario modelo polo que cada país pode chegar a ser autosuficiente na produción de petróleo.

n

 

n

O modelo de BFS, visible actualmente na súa planta Blue Petroleum BFS I de Alacante, xa se está a implementar en Porto Santo, Madeira (Blue Petroleum BFS II), para converter á súa central eléctrica na primeira planta autosuficiente que xerará o seu propio combustible nunha superficie dunhas oito hectáreas de fotobioreactores e neutralizará o CO2 que xere dando un balance de cero emisións. Así mesmo, Evian podería ser o escenario no que BFS presente en sociedade a Blue Petroleum III, a semente do que está chamado a ser o gran campo biopetrolífero do sur de Europa.

n

 

n

(Fonte: Energética21)