O Bio Investor Program celebra a súa quinta edición coa colaboración da Tecnópole

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) promove e organiza, coa colaboración do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e a Tecnópole, a V edición do Bio Investor Program. Esta iniciativa, que se organiza nesta ocasión no marco do programa Agrobiotech Innovación, abre o prazo de recepción de candidaturas ata o 7 de agosto.

O Bio Investor Program está orientado a analizar, completar e mellorar o plan de negocio dos proxectos participantes na Lonxa de Investidores, que se celebrará o día 22 de outubro no CETAL (Lugo), a través de formación específica e mentorizaxe (27 horas). Isto facilitaralles o acceso á captación de financiamento, fudamentalmente do sector privado, mediante a presentación do seu proxecto ante un conxunto de investidores baixo o esquema networking.
 
Entre todas as ideas de proxecto que pasaron pola Bio Investor Academy e outras recibidas, seleccionaranse ata un máximo de dez, aquelas con maior potencial de “acelerabilidade” que poderán participar na lonxa de financiamento.
 
A Bio Investor Academy está dirixida a emprendedores, investigadores e persoal directivo de empresas biotecnolóxicas galegas interesadas na posta en marcha dun proxecto ou en conseguir unha consolidación no mercado.

O equipo docente está liderado por Eladio Crego, consultor senior independente en EFT Consulting. Participan tamén Jesús Díaz, consultor senior en Estratega Consulting Global e Judith Saladrigas, asociada senior responsable de Innovación en Rosaud Costas Durán.

Ata o 7 de agosto está aberto o período de recepción de candidaturas de proxectos para poder acceder a Bio Investor Academy. As propostas deben enviarse a lonxa_inversores@agrobiotechinnovacion.es, cun resumen executivo do plan de negocio do proxecto.

Programa completo da Bio Investor Academy.