n
n
O Barcelona Supercomputing Center (BSC)-Centro Nacional de supercomputación (CNS) situado no Parc UPC (Parc de recerca i Innovació de la Universitat Politècnica de Catalunya), constrúe o que será o primeiro supercomputador do mundo baseado nos teléfonos móbiles.
n
n
n
n
n
n
A idea é aproveitar a eficiencia no consumo enerxético dos smartphones e dos tabletas (a maior parte do tempo non están enchufadas á rede de corrente eléctrica e funcionan sen sobrequentarse) para aumentar a capacidade de cálculo sen disparar o gasto enerxético. Todo un reto que ha de dar resposta ás necesidades das institucións e empresas que solicitan operacións, programas e simulacións cada vez máis complicadas.
n
n
A lista de aplicacións deste gran supercomputador, composto por numerosos ordenadores interconectados, e que se constrúe no marco do proxecto Mont Balnc, inclúe múltiples campos: dende a simulación do corpo humano, a interacción entre un elemento químico e a célula que se pretende curar, a comparación de xenomas de diferentes especies ou a análise para determinar a mellor colocación de muíños de vento no mar tendo en conta a interacción do vento, as ondadas ou as turbulencias, ata o control e a predición dos índices de calidade do aire ou a investigación de depósitos de petróleo nos fondos mariños. E estes son só algúns exemplos de toda a lista.
n
n
(Fonte: APTE)
n
n
n
n