O empréstito do BEI proporcionará financiamento a actividades de I+D+i encamiñadas a mellorar a competitividade da economía española. Estes investimentos forman parte da Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía e de Innovación 2013-2020, e responden aos obxectivos prioritarios da Unión Europea dentro do programa Horizonte 2020 para mellorar a innovación e investigación así como para favorecer a creación de emprego.
O conxunto dos investimentos están enfocados a apoiar tres subprogramas incluídos no plan estratéxico español: a promoción do talento en I+D+i e a súa empregabilidade, o fomento da investigación científica e técnica de excelencia, e actividades de I+D+i orientadas cara aos retos globais da sociedade.
Ao redor dun 65% dos fondos concederanse en forma de subvencións e o 35% en forma de empréstitos a entidades privadas. Os beneficiarios destes fondos serán investigadores, entidades e empresas de todas as rexións españolas.
(Fonte: Ministerio de Economía)