A prioridade dos maiores directivos tecnolóxicos é a ciberseguridade. De acordo cunha sondaxe levada a cabo pola consultora Gartner entre máis de 2.200 executivos en 81 países, un 70% afirma que aumentará o ano que vén a partida de gasto empresarial relativa á seguridade informática. A porcentaxe disparouse respecto a 2020, cando apenas roldaba o 50%.
Así as cousas, agora o maior investimento dos departamentos de tecnoloxía non é a Intelixencia Artificial, nin a automatización, nin a nube, nin a xestión de datos, senón protexerse do hackeo e dos virus. Unha postura defensiva que non é outra cousa que consecuencia directa da guerra de Ucraína, que nos últimos anos disparou os ataques de ransomware e malware, a miúdo de procedencia estatal.
Outro dato interesante é o número crecente de empregados que traballan en remoto para estas empresas: un 19%. Coa pandemia, conectarse a distancia experimentou un boom, xa que moitos traballadores volveron aos seus lugares de orixe ou optaron por traballar fóra da oficina. Hoxe en día esta tendencia veu para quedar.
Fonte: La Vanguardia