O 60,7% das 1193 patentes solicitadas en 2012 pertencía a pequenas e medianas empresas, segundo os datos da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) citados na mesa de debate sobre Propiedade Industrial organizada por Fundetec en Madrid.
n
n
nFundetec subliñou que, aínda que en España existen 11.200 empresas innovadoras en I+D, os datos da OEPM revelan que en 2012 só 708 empresas solicitaron unha patente, das cales 585 eran pemes.
n
n"Se non rexistramos non somos propietarios dos nosos coñecementos, e entón a nosa empresa só vale o que aparece nos libros de contabilidade", indicou o director de Clarke, Modet & Cº, Alejandro Klecker.
n
nPara Klecker, hai unha necesidade de que as pemes saiban "animar os seus activos para poder destacar neste mercado competitivo, e para iso a Propiedade Industrial ha de promoverse directamente dende a xerencia e a dirección xeral das empresas como un elemento estratéxico do negocio.
n
nPola súa banda, a fundadora da empresa Alta Eficacia Tecnoloxía, Celia Sánchez-Ramos, recomendou a consulta das bases de patentes antes de acometer calquera investigación. Así mesmo, a investigadora destacou a calidade da I+D española e animou a seguir fabricando en España e exportando produtos españois.
n
n(Fonte: El Economista)