O 50% da demanda enerxética española pódese conseguir con enerxías renovables

En 2012, a potencia total de xeración enerxética en España situouse en 102.524 megavatios (MW), segundo datos de Rede Eléctrica de España. Respecto a como se cubriu a demanda enerxética, un 32% foi achegada polas enerxías renovables, unha cantidade que podería chegar ao 50% nos próximos anos, tal e como revela unha investigación publicada na revista Renewable Energy.

n
n

nPara conseguir esta proporción, España debería superar, previamente, diferentes barreiras regulatorias e técnicas, que actualmente están a dificultar o avance dun novo axente: a xeración distribuída. Esta caracterízase pola súa pequena potencia (entre 10 e 50 MW) e a súa situación en puntos próximos ao consumo.
n
n"En breve, a xeración distribuída participará nunha alta porcentaxe na achega que a enerxía renovable realiza sobre o sistema enerxético mundial, clave para a sustentabilidade e o cumprimento de protocolos ambientais", explica Antonio Colmenar-Santos, investigador do departamento de Enxeñería Eléctrica, Electrónica e de Control da UNED e autor principal do estudo.
n
nNeste novo escenario, o cidadán cobra un papel fundamental. "O usuario converterase nun axente eléctrico vital, non só porque poderá participar nas medidas de aforro e eficiencia, senón porque ademais formará parte dunha xeración eléctrica cada vez máis distribuída", engade Colmenar-Santos.
n
nDesta forma, os recursos renovables distribuídos, principalmente instalacións fotovoltaicas, mini-eólicas e almacenamento enerxético, coa axuda das denominadas redes intelixentes -Smart Grid-, poden romper coas redes pasivas tradicionais, situándose preto do usuario e absorbendo a demanda de forma máis eficiente.
n
nAposta polas cidades intelixentes
n
nO estudo resume as principais barreiras que están a impedir que as enerxías renovables despeguen definitivamente en España. Entre as dificultades técnicas destacan os límites de conexión, as redes de distribución radiais -cando se requiren en forma de anel para que os fluxos se movan en ambas as dúas direccións- ou as desviacións imprevistas de enerxía.
n
nEn canto a barreiras regulatorias, "esperamos unha revisión a fondo dos regulamentos do sistema de distribución en España", afirma Salvador Ruiz-Romero, investigador tamén do departamento de Enxeñería Eléctrica, Electrónica e de Control da UNED e outro dos autores do estudo.
n
nDo mesmo modo, os expertos reclaman un procedemento de xestión da distribución da xeración distribuída, que se aprobe a normativa de balance neto -en fase de elaboración- para regular o autoconsumo e que se aclare a definición de operadores de sistema.
n
nSegundo o estudo, a aposta por cidades intelixentes -Smart Cities- axudará a que se integre a xeración distribuída nos núcleos urbanos. "No proxecto Smart City de Málaga estímase que, a finais de 2013, a enerxía consumida que proveña de renovables sexa do 33,2% e, a potencia eléctrica instalada verde alcance o 37,8%", conclúe Ruiz-Romero.
n
n(Fonte: EFE)

n