O proxecto Materpat, xorde da problemática existente na conservación do patrimonio histórico, onde a restauración de fachadas non resulta de todo eficaz debido á súa pronta deterioración, como nos explica Luis Sánchez, do departamento de Química Orgánica e Enxeñería Química da UCO, “un dos problemas é que ao cabo do tempo esas fachadas se volven ensuciar pola acción dos fungos a causa da humidade”.
Actualmente xa existen materiais con principios activos incorporados que repelen estes microorganismos, pero dada a súa alta toxicidade son incorporados en pequena cantidade. Ademais, a función funxicida que se lles incorpora desaparece ou vaise diluíndo paulatinamente polos efectos da chuvia, volvendo o monumento deteriorarse.
Por este motivo, o grupo de investigación FQM-175 de química inorgánica da UCO, xunto coas institucións integradas no proxecto, buscaran encapsular os principios activos funxicidas no interior dos materiais de construción para neutralizar a acción dos organismos que poden danar as construcións, de tal maneira que a súa acción se preserve ao longo do tempo, “o obxectivo é que os principios activos perduren dentro do morteiro, que dende aí executen a súa acción biocida-funxidica e obter mellor rendemento que os produtos actuais”, sinala Sánchez. Polo momento, espérase que estea enfocada á restauración do patrimonio histórico, debido ao alto custo que suporá, pero podería ser aplicable a calquera acción dentro da construción.
O proxecto atópase financiado pola Convocatoria Retos-Colaboración do Programa Estatal de I+D+i orientada aos Retos da Sociedade do Ministerio de Economía e Competitividade, e fondos FEDER da Comisión Europea, dentro do marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica de Innovación 2013-2016. Materpat botou a rodar a finais de 2015 e fixouse un prazo de dous anos e medio, polo que en principio “para marzo de 2018 habería que ter un produto ou unha fórmula comercializable”, engade Sánchez.
(Fonte: Innovaspain)