Novos envases limitarán a permeabilidade dos alimentos a luz e a humidade

Así o asegura o xefe do departamento de tecnoloxía do envase do instituto tecnolóxico Ainia, Carlos Enguix, que traballa en optimizar os envases barreira ou con atmosfera modificada para mellorar os espesores, o impacto ambiental ou os cambios químicos e evitar que o alimento se poida prensar ou abrandar ou perda aspectos como a textura, a cor ou o aroma.

n
n

nPara iso, segundo Enguix, é moi importante que o envase estea ben selado e non se produzan perdas de integridade durante o transporte ou a distribución do produto. Ademais, a correcta selección dos materiais barreira pode supoñer importantes aforros de custos en materiais e diminución do impacto ambiental.
n
nImpedir a entrada de axentes
n
nEnguix explicou que os alimentos se deterioran pola atmosfera que hai o interior do envase, polo que dende Ainia inténtase preservalo creando materiais que impidan o paso de axentes externos como o osíxeno, o nitróxeno ou o dióxido de carbono. No caso de materiais como o vidro e o metal son materiais "moi impermeables", pero os plásticos teñen unha maior permeabilidade aos gases, e por iso é necesario crear unha "barreira" que impida o seu paso.
n
nPara o desenvolvemento do envase, ademais da elección axeitada dos materiais que o constitúen, os espesores das diferentes capas e a súa xeometría, débense considerar outros aspectos como o tipo de atmosfera de envasado, ou se o envase se vai someter posteriormente a algún tratamento térmico. Ademais destes factores existen tecnoloxías de envasado que se poden utilizar para aumentar a vida útil dun produto como o uso de envasado en atmosfera modificada (MAP), que consiste en introducir un gas que é diferente do aire co fin de atrasar as reaccións biolóxicas e bioquímicas que producen a deterioración do produto.
n
nSegundo explicou, os alimentos que se atopan en lineais de distribución nos comercios son moi sensibles á luz ultravioleta, tanto ambiental como dos tubos fluorescentes, e isto favorece a reacción de oxidación dos produtos envasados.
n
nAlongar a vida do produto
n
nPor iso, os envases de plástico son recubertos con varias capas, algunhas delas metalizada, para dar resistencia e consistencia ao envase e evitar que o produto que hai no seu interior se oxide e, deste modo, alongar a vida deste sen perder a calidade.
n
nCarlos Enguix sinalou que no caso da cervexa, que está xeralmente envasada en vidro ou metal, podería ser envasado en plástico como os refrescos, aínda que precisaría unha barreira superior a estes para absorber todo o osixeno que quede no interior e manter a súa calidade. Segundo explicou, este envase de plástico cun recubrimento interno que absorbese o osíxeno que puidese quedar no interior permitirá ao produto durase entre seis meses e un ano.
n
nNo caso de produtos como o xamón ou o pavo cocido ou as carnes vermellas, os envases barreira coa atmosfera modificada permitirán reducir a luz que afecta á oxidación do produto e a entrada de osíxeno que a fai cambiar de cor. "Non só o produto sería seguro, senón que dende o punto de vista visual sería máis atractivo para o consumidor, xa que a cor do produto non sería apagada,", sinalou o investigador.
n
nAinia tamén traballa na creación de envases que ademais de ter a función barreira serán biodegradables, aqueles que se descompoñen de xeito natural.
n
n(Fonte: EFE)

n