Novos cursos en abril e maio a través da plataforma online Steambites, impulsada por Atresmedia Formación e o Parque Tecnolóxico de Galicia

O Parque Tecnolóxico de Galicia e Atresmedia Formación poñían en marcha o pasado ano a plataforma de formación experimental e a distancia Steambites. Trátase dunha alternativa para os mozos que desexen aprender e experimentar en materia de ciencia e tecnoloxía.

Esta plataforma combina a formación online e tamén experiencial a través de cursos dirixidos a mozos de entre 8 e 16 anos interesados en ampliar os seus coñecementos nos ámbitos científico e tecnolóxico. A matrícula está aberta na web http://steambit.es.

Esta proposta formativa preséntase como unha opción diferente de aprendizaxe en liña pero, ao mesmo tempo, sen renunciar á formación vivencial, a experimentar. Para iso, os participantes reciben un kit práctico nos seus domicilios que lles permite ir aplicando os coñecementos impartidos a través da plataforma online. O kit contén material científico e tecnolóxico para completar cos coñecementos e indicacións que o profesor proporciona a través da plataforma. Ademais, os alumnos disporán de licenzas para as aplicacións que o requiran, como Minecraft ou Cospaces.

STEAM 010 Kids para nenos de 8 a 12 anos e STEAM 010 para mozos de 12 a 16 anos

O programa inclúe dous novos cursos diferentes, divididos por idades. STEAM 010 Kids, dirixido a nenos de 8 a 12 anos, permitirá explorar a vida en abril e converterse en makers en maio. Pola súa parte, os máis maiores, de 12 a 16 anos, achegaranse a través de STEAM 010 á física en abril e aos misterios da bioloxía en maio.

O obxectivo destas propostas é que os mozos poidan afondar e experimentar en contidos STEAM -Ciencia, Tecnoloxía, Arte e Matemáticas-. Ao rematar a formación, cada alumno recibirá un diploma certificativo emitido por Atresmedia Formación e o Parque Tecnolóxico de Galicia.

Fonte: Tecnópole