Novo buscador de Google para que localices cando queiras o que pasou na túa vida

Unha cámara nun dispositivo wearable e almacenamento de todo o que ocorre na nosa vida. Pensar nese escenario non é unha barbaridade, así que, ante esa posibilidade, Google non deixou escapar a oportunidade de patentar un buscador que nos permita acceder en calquera momento ao que pasou na nosa vida.

O método patentado por Google é bastante xenérico. Na descrición da patente Google indica que a base deses recordos ou vivencias será o vídeo que gravemos de forma continuada cun dispositivo wearable, o cal sería en encargado de enviar o contido ao noso smartphone e de aí a uns servidores centrais.

Etiquetando os nosos recordos

Xa na nube, eses recordos serían accesibles para o usuario, que como pasa xa coas fotos e outros contidos, podería etiquetar para unha mellor procura posterior.

Pero as lentes, que aparecen na patente como un elemento básico para a gravación do que ocorre ao noso ao redor, tamén terían parte desa tarefa de organización da información mediante a xeolocalicación e engadido da data e momento en que todo ocorre ao noso ao redor.

Google Glass

Outro modo de uso que expón a patente de Google é gravar vídeo para a nosa “memoria indexable” só en determinados momentos. Pode ser segundo a localización ou en determinados momentos, como unha viaxe, ao chegar a un lugar coñecido ou de suma importancia… O wearable detectaría que planificamos que se grave todos os días á hora para comer ou ao chegar ao lugar de vacacións, e poríase en marcha automaticamente.

E como pensou Google que busquemos nos nosos recordos? Con voz. Na patente queda reflectido un sistema polo que podemos preguntar directamente sobre algo que fixemos no pasado para retomar esa experiencia en vídeo. Ou que en base a eses “recordos” gravados podamos comprobar determinados datos como que comemos ou con quen estivemos a outra noite.

Como hoxe en día compartir en redes sociais é algo que vai asociado ás nosas experiencias, a patente de Google tamén pensou niso e deixará que, se queremos, ese recordo recuperado podamos compartilo cos nosos contactos.

(Fonte: xataka)