Nove empresas e once hospitais alíanse para investigar ingredientes máis sans

Un total de nove empresas e outros once hospitais e centros de investigación españois aliáronse nun proxecto "pioneiro que busca coñecer beneficios saudables dos alimentos a través de investigación científica e métodos innovadores reservados ata agora case á industria farmacéutica".

n
n

A iniciativa Henufood contará cun investimento de 23,6 millóns de euros, dos cales case un 44% procede dunha subvención do Ministerio de Ciencia e Innovación, co cofinanciamento de fondos tecnolóxicos europeos Feder, segundo explicaron os seus promotores.

n

 

n

Xavier Argenté, conselleiro delegado de Gallina Blanca Star, empresa que lidera o proxecto, explica cun exemplo o obxectivo da iniciativa: "Eu sei que o caldo de verduras é bo para a miña saúde pero non sei por que. Sei que ten uns beneficios pero non están probados cientificamente nin clinicamente. Queremos probalos, saber se existen unhas propiedades e se existen oportunidades de mellorar os produtos sen perder o sabor de sempre".

n

 

n

Na iniciativa tamén participan Bicentury, Carinsa, Central Leiteira Asturiana, Go Fruselva, Probelte Pharma, Wild, a biotecnolóxica 2DBlackBio e a empresa de tecnoloxías da información Ibermática.

n

 

n

A posta en marcha do proxecto xa contribuíu á creación de 40 novos postos de traballo directos. "Henufood trátase dunha clara aposta do sector alimentario para iniciar un camiño cara o futuro desenvolvemento de alimentos con beneficios para a saúde, dende o coñecemento e o aval científico,", asegurou Argenté.

n

 

n

Os promotores definen a iniciativa como unha "alianza estratéxica e un claro exemplo de cooperación pública e privada en desenvolvemento da I+D en alimentación e saúde, respondendo á crecente preocupación social por estes temas". Os promotores pretenden contribuír "á prevención dos factores de risco máis comúns" nas enfermidades crónicas", en concreto dirixidos á diabete, obesidade, hipertensión, enfermidades cardiovasculares, cancro e enfermidades dos ósos.

n

 

n

(Fonte: El País)

n