Nova tecnoloxía para cargar o móbil co ruído do día

Dous científicos da Universidade Queen Mary en Estados Unidos en colaboración con Nokia desenvolveron unha innovadora tecnoloxía que permite cargar o móbil co ruído do día a día.

As baterías son o punto débil da tecnoloxía móbil, non só pola súa curta duración senón que se utilizan materiais extremadamente contaminantes para a súa fabricación e ao momento de rematar a súa vida útil a maioría acaba contaminando recursos acuíferos subterráneos, o chan e finalmente a plantas
e animais.

Outra desvantaxe das baterías é a súa constante necesidade de ser recargadas o que aumenta significativamente o consumo enerxético mundial, contribuíndo desta forma ao cambio climático e ao quentamento global.

Por sorte existen iniciativas para descontinuar o seu uso e unha delas é a proposta de dous científicos da Universidade Queen Mary en Estados Unidos en colaboración con Nokia desenvolveron unha tecnoloxía para cargar o móbil co ruído do día a día.

Baseándose en estudos previos, os doutores Joe Briscoe e Stece Dunn en colaboración con Nokia crearon un prototipo de nanoxerador de enerxía que sería capaz de usar o ruído de fondo do día a día, por exemplo o tráfico, a música ou a nosa propia voz, para cargar o noso móbil. Para iso usaron as propiedades do óxido de cinc, un material que ao ser esmagado ou estirado crea unha voltaxe grazas a que pode converter o movemento en enerxía eléctrica en forma de nanorods, tamén coñecidos como nanofío.

O resultado deste enxeñoso proceso foi un dispositivo do tamaño dun Nokia 925 capaz de xerar 5 voltios, algo máis que suficiente para cargar un teléfono móbil.

Segundo se pode ler na web Phys.org o doutor Briscoe comentaba sentirse esperanzado por contribuír a traer un paso máis preto da viabilidade unha tecnoloxía como esta.

(Fonte: Innovaticias)