O grupo automobilístico francés PSA Peugeot-Citroën e o fabricante alemán de compoñentes para vehículos Bosch presentaron un novo sistema, denominado OpEneR, que permite incrementar a autonomía dos coches híbridos e eléctricos.
n
n
nO sistema, presentado con ocasión do Salón Internacional de Automóbiles Respectuosos co Medio que se celebra en Alès (Francia), incorpora tres innovacións técnicas que permiten incrementar a autonomía dos vehículos.
n
nEn primeiro lugar, un motor eléctrico capaz de subministrar tracción dianteira ou traseira, en función das necesidades. Ademais, desenvolveron unha nova xeración do sistema Start/Stop e un ESP que permite recuperar enerxía cando se acciona o freo para recargar a batería.
n
nPSA Peugeot-Citroën e Bosch explicaron nun comunicado conxunto que probaron estes novos sistemas ao longo de miles de quilómetros en dous prototipos construídos sobre a plataforma do modelo Peugeot 3008.
n
nAs dúas empresas veñen colaborando dende o ano 2008 na área de desenvolvemento de tecnoloxías híbridas. Así PSA iniciou en 2011 a produción en serie do Peugeot 3008 HYbrid4, o primeiro diésel-híbrido do mundo.
n
n(Fonte: Europa Press)