Nova convocatoria do programa Marie Curie Industry-Academia Partnerships and Pathways

n

n

Un ano máis, e no marco do Programa Persoas do VII Programa Marco, convócase o programa Marie Curie Industry-Academia Partnerships and Pathways. Cun presuposto de 80 millóns de euros, esta iniciativa busca fomentar a cooperación entre os organismos de investigación e as empresas, especialmente as pemes, para desenvolver un programa científico conxunto a través do intercambio do persoal en calquera temática.

n

n

n

 

n

n

n

Os devanditos intercambios, nos que poderán participar investigadores, técnicos e xestores, poden ser de tipo intersectorial e transnacional, estando permitido nun mesmo país ata un máximo do 30%.

n

 

n

Para participar é imprescindible crear un consorcio composto, como mínimo por unha entidade do sector académico (universidade, centro de investigación, centro tecnolóxico, etc.) e unha empresa; e que estas procedan de dous estados membros ou países asociados diferentes.

n

 

n

Este programa financia ata o 100% do custo e inclúe os gastos de persoal obxecto do intercambio, a contratación de empregados con experiencia externos á asociación, para facilitar a transferencia de coñecementos e a formación de persoal, as actividades de traballo en rede, a organización de talleres e conferencias; e o equipamento de investigación para cada unha das pemes, cunha contribución máxima do 10% para cada unha delas. A duración dos proxectos pode ser de ata 4 anos.

n

 

n

Esta convocatoria, que se pecha o 19 de abril de 2012, é unha boa oportunidade para que as pequenas e medianas empresas consigan financiamento para proxectos de investigación, xa que non esixe a participación dun elevado número de entidades e o seu índice de éxito é elevado, alcanzando na de 2011 o 32%.

n

 

n

Información sobre a convocatoria oficial aquí.

n

 

n

(Fonte: Innovamás)

n

n

n